Berrogüetto + Lizgairo + Espido + Xavier Díaz + Talabarte

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Sáb, 08/05/2010 - 18:30

Auditorio Municipal de Tui

Localización

Auditorio Municipal de Tui42° 3' 0.4932" N, 8° 38' 53.4948" W

Berrogüetto

Moi pouco tempo precisou a agrupación Berrogüetto para chegar a ser unha das bandas de folk con máis sona de Europa. Apostando sempre polo valor da diversidade cultural e cunha fórmula chea de vitalidade, Berrogüeto deuse a coñecer en toda Europa a través de festivais e xiras internacionais, converténdose nun dos máximos expoñentes do que en Europa se coñece coma “World Music”.

Berrogüeto fórmano Anxo Pintos, Quico Comesaña, Santiago Cribeiro, Quim Fariña, Guillermo Fernández e Isaac Palacín, seis grandes músicos que arroupan ás veces as voces de Guadi Galego (tamén gaiteira) ou Xabier Díaz, para seguir adiante cun proxecto que xa vai para os dez anos e que promete seguir a primar o valor das diferenzas culturais a través da música.

Lizgairo

Lizgairo está composto por Rodrigo Romaní, Xosé Liz de Cea e Anxo Pintos, tres grandes músicos de diferentes xeracións que coincidiron na Escola de Música tradicional e Folk de Vigo.
Polos anos 70 empeza xa Romaní a súa andaina polo mundo da música, creando con Ramón Seoane o grupo Faiscas de Xiabre, para máis tarde converterse en Milladoiro, referente da música galega. Anxo Pintos comeza pola súa banda en Matocongrio, de onde nacería outra das máis importantes bandas galegas: Berrogüetto. Nesta atmosfera de grande interese pola música tradicional, traballos de campo, e investigación etnográfica en prol da recuperación da cultura galega, formouse o máis novo da agrupación, Xosé Liz de Cea.

Espido

Guadi Galego e Guillermo Fernández forman Espido, a unión de dúas grandes personaxes da escena musical galega que sen necesidade de máis instrumentos que unha guitarra e unha voz, crearon no 2005 este proxecto.
Con Espido consolídanse ambos os dous como grandes figuras da “World Music” en Europa, demostrando de novo que o talento non precisa de abelorios para chegar á esencia da música.

Xavier Díaz

Xavier Díaz é a voz titular da compañía Nova Galega de Danza, ademais de compositor e produtor. O seu primeiro traballo “Músicas de Salitre”, foi gravado conxuntamente co guitarrista Guillermo Fernández en Compostela no 2004, e contou tamén con outros músicos como Xosé Lois Romero (acordeón e pandeira), Paco Dicenta (baixo) e Carmen Rey (voz).

Xavier Díaz foi ademais entre o 1993 e o 1999, mestre e director da Escola de Música e Danza do Concello de Ames, e define o seu traballo con Guillermo Fernández como “unha guitarra do sul, unha voz nordestina, cloro e sodio… química do salitre”.

MySpace

Talabarte

Talabarte son Quim Fariña (de Berrogüetto), Pedro Pascual (de Laio) e Kin García, da banda de Susana Seivane, tres músicos que se unen nun proxecto que segundo eles naceu da “necesidade de sobrevivir ao inverno”, coa idea de crearen un grupo para ofrecer concertos en pequenas salas.

O trío xoga coa mestura do folk e o jazz, creando outro camiño de posibilidades para o crecemento da cultura musical galega. Actualmente o grupo proponse pasar das pequenas salas de concertos aos escenarios dos festivais de folk europeos, abrindo deste xeito o camiño cara á consolidación da banda. 

 

Entrada: 4 €

 Multimedia

Talabarte
Xavier Díaz
Xavier Díaz
Xavier Díaz
Espido
Espido
Lizgairo
Lizgairo
Lizgairo
Berrogüetto
Berrogüetto
Berrogüetto
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.