bOnOvO + Marful

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Ven, 26/03/2010 - 23:00

Centro Cultural Caixanova, Pontevedra

Localización

Centro Cultural Caixanova, Pontevedra42° 25' 44.7708" N, 8° 38' 44.862" W

bOnOvO

bOnOvO dálle a volta ao concepto clásico de folk, mestúrao coa tecnoloxía e crea un repertorio moderno, mesmo con bailadas do século XV. A base da súa música é a unión de tres instrumentos: a zanfona electroacústica de Óscar Fernández, a batería electrónica e o serrón de Pulpiño Viascón e mais o acordeón Midi de Roberto Grandal, tres músicos ben coñecidos da escena musical galega.  O trío bOnOvO convídanos a deleitarnos cun ritmo novo e sen etiqueta, que de seguro non nos ha deixar parados.

Marful
Nas actuacións de Marful o público acompaña a banda por unha viaxe no tempo cara ás vilas galegas, pero esta vez para entrar nos salóns de baile e nos cafés.

Marful recupera os ritmos de entre os anos 30 e 50, para habitalos con letras cheas de forza na voz de Ugía Pedreira. A carón dela estarán Pedro Pascual, Pablo Pascual e Marcos Teira para revivir a atmosfera das casas de Indianos, os portos e os emigrantes dos anos 40. Marful crea unha visión diferente da música galega, dándolle cabida a estilos como o twist, as habaneras ou os pasodobres, un novo xeito de creación musical que enriquece aínda máis o actual panorama folk de Galicia.

 Multimedia

bOnOvO
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.