Brath + María do Ceo

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Sáb, 17/04/2010 - 19:00

Auditorio Municipal de Vilalba

Localización

Auditorio Municipal de Vilalba43° 17' 56.6196" N, 7° 41' 2.3928" W

Brath

O compositor, voz e batería de Brath, Eloi Caldeiro, fundou xa no 1976 o primeiro grupo galego de rock, TEBRAS, mesturando a gaita coa guitarra eléctrica e creando un son pioneiro para a futura música galega.

Brath xorde da unión de Caldeiro con outros músicos no 1980, creando inicialmente temas instrumentais aos que no 1999 se lles engadiría a voz. Caldeiro fixo incursións noutros campos como a poesía ou mesmo a radio, onde presentou un dos programas de Radio Ondas Galicia, que acadou o Premio Galicia de Xornalismo polo mellor programa musical, ademais de acabar creando a súa propia compañía discográfica, SONS GALIZA, no 1988.

Tras 30 anos, Brath converteuse nun dos grupos máis representativos da escena galega e nun referente para os músicos actuais.

MySpace

María do Ceo

A identidade cultural luso-galaica queda debuxada na voz e nos fados de María do Ceo, que envolven o seu público nunha atmosfera máxica, chea de paixón, dozura e beleza. Sinalada como unha das embaixadoras da cultura galega, e digna sucesora da fadista portuguesa Amalia Rodrigues, María do Ceo abriulle as portas de Europa ao fado cantado en lingua galega.

A fadista participou en numerosos festivais fóra de Galicia, como o Intercéltico de Loriant ou a homenaxe á propia Amalia Rodrigues no Coliseo de Lisboa, ademais das súas xiras por Alemaña, Italia ou Portugal.

 Multimedia

María do Ceo
María do Ceo
Brath
Brath
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.