Faltriqueira + Treixadura

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Ven, 14/05/2010 - 22:00

Auditorio de Vilagarcía

Localización

Auditorio de Vilagarcía42° 35' 45.2184" N, 8° 46' 4.4976" W

Faltriqueira

A polifonía das rapazas de Faltriqueira devólvelle a xuventude á herdanza musical galega, á das pandeireteiras das vilas, que en moitos casos ficaban no silencio. Teresa, Carolina, María e Ana van acompañadas do acordeón de Jorge Juncal, as percusións de Roi Adro e as cordas do “Faltriqueiro Maior”, Pascal Gaigne.

Faltriqueira leva percorridos numerosos escenarios dentro e fóra de Galicia, como os de Namibia, Bermudas, San Marino, Portugal, Barcelona, ou xa na casa, os do Festival do Mundo Celta de Ortigueira. As súas voces chegaron a ser escollidas para discos compilatorios como o “Women’s World Awards”, “Femmes Celtes” e “Oriental Garden”, ademais de seren recoñecidas a nivel mundial nas revistas especializadas en “World Music”.

Treixadura

Treixadura é o xeito máis sobranceiro de vivir a melodía da gaita e o canto galego masculino. Quince grandes músicos compoñen as dúas seccións da banda: Treixadura Gaiteiros e Orfeón Treixadura, que teñen interpretado alboradas, alalás, muiñeiras, foliadas…

Un dos músicos máis representativos de Treixadura foi Xosé L. Méndez Martís, “Morgan”, membro fundador dos Estalotes e compoñente de Cantigas e Agarimos, desaparecido recentemente. Despois do traballo “Unha semaniña enteira”, do que se venderon máis de 7.000 copias, a agrupación prepara a última parte da súa “cadriloxía” con “Esta si que é muiñada”.

 Multimedia

Treixadura
Treixadura
Treixadura
Faltriqueira
Faltriqueira
Faltriqueira
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.