Fuxan os Ventos

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Sáb, 06/03/2010 - 20:00

Teatro Colón Novacaixagalicia, A Coruña

Localización

Teatro Colón Novacaixagalicia, A Coruña43° 22' 7.0536" N, 8° 24' 6.0948" W

Fuxan os Ventos

O que hoxe é un dos grupos galegos por excelencia, tivo o seu berce no 1972 nun colexio de Lugo, cun grupo de cativas e cativos que decidiu formar “Folk 72” e participar no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), onde gañaron o primeiro premio con “Fuxan os ventos”, tema que lle daría nome á futura agrupación.

O carácter musical da banda foise definindo e mergullouse no patrimonio musical galego para devolverlle o pulo á música tradicional galega en medio duns convulsos anos 70. Entre 1979 e 1985 Fuxan os Ventos acada o seu momento álxido, con actuacións fóra dos lindes galegos e mesmo españois con sonadas xiras europeas.

Hoxe, logo dunha traxectoria de máis de 30 anos e oito traballos editados, os nove músicos e músicas de Fuxan os ventos presentan o álbum “Terra de soños”.

 Multimedia

Fuxan os Ventos
Fuxan os Ventos
Fuxan os Ventos
  • See video
  • See video
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.