Rosa Cedrón + Fía na Roca

Versión para impresiónSend to friendPDF version
Ven, 28/05/2010 - 19:00

Auditorio Municipal de Valga (Pontevedra)

Localización

Auditorio Municipal de Valga (Pontevedra)42° 41' 38.3316" N, 8° 38' 19.5828" W

Rosa Cedrón

Se falamos de temas como “Chove en Santiago” ou “Tú gitana” deseguido recoñeceremos a Rosa Cedrón, unha das voces galegas máis internacionais.  A que fora cantante de Luar na Lubre comezou a súa andaina musical ben cedo coma violoncellista, para chegar a ser profesora do Conservatorio de Ferrol (A Coruña). Máis tarde, Rosa colaboraría no concerto do 10º aniversario de Luar na Lubre que, engaiolada, decidiu ofrecerlle un lugar, mais non só coma violoncellista, senón tamén coma voz principal.

Dende aquela, a lucense Rosa Cedrón leva percorridos os cinco continentes nunha carreira meteórica, na que mesmo se viu no escenario con artistas da importancia de Mike Oldfield, co que colaborou na gravación do disco “Tubular Bells III”.  No 2005, Rosa Cedrón deixa Luar na Lubre para dedicarse á súa carreira en solitario, publicando no 2007 o seu primeiro disco “Entre dous mares”, co que poderemos deleitarnos nos concertos do Xacobeo 2010.

Facebook  |  MySpace

Fía na Roca

Tras 17 anos de andaina cara ao público, Fía na Roca é un dos grupos de folk galego máis innovadores. Cunha fusión do carácter tradicional do folk cunha gran diversidade estilística, a banda crea unha nova concepción musical que a fai afastarse das etiquetas.  Fía na Roca estivo anteriormente preto dos eventos relacionados co Xacobeo, sendo a banda sonora que a cadea británica BBC escolleu para o programa de promoción europea do Camiño de Santiago. A banda galega prestoulle, ademais, o tema “Contravento” á cadea xaponesa “Aichi TV”, como tema de cabeceira dunha serie baseada en “O diario de um mago”, de Paulo Coelho, obra na que se relata a peregrinación do autor a Santiago de Compostela.

MySpace

Entradas: Concerto Gratuíto

 Multimedia

Fía na Roca
Fía na Roca
Fía na Roca
Rosa Cedrón
Rosa Cedrón
Rosa Cedrón
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video
  • See video

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.