Sondeseu + Bailaríns de O Fiadeiro
Sondeseu
Sondeseu está formado por uns corenta músicos do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo (denominada E-Trad, actualmente) que no curso 2001-2002 deciden crear a primeira orquestra de folk de Galicia.
Despois de arrasar na XV edición do Festival de Ortigueira, presentan o seu primeiro traballo “Mar de Vigo”, co que poderemos gozar da música creada polos profesores do Conservatorio vigués e da coidada escenografía, na que se utilizan instrumentos artesanais, algúns deles creados polos propios profesores e alumnos da agrupación.
O Fiadeiro
O grupo O Fiadeiro está formado por 46 bailaríns que interpretarán danzas populares orixinarias de diversos lugares da xeografía galega. No seu currículo figuran numerosos premios e participacións con grandes artistas do mundo do Folk.
Antigas danzas galegas volven á vida e preséntanse en Europa grazas ao Fiadeiro, que as mostrou en diferentes festivais como o Intercéltico de Lorient (XXXII edición) ou o Céltica 2005, en Italia.
Entrada: 8 €


Comentarios
Enviar un novo comentario