Susana Seivane + Quempallou
Susana Seivane
A gaiteira Susana Seivane mestura a música tradicional cun aire de frescura que caracteriza e diferenza a súa obra.
De familia de artesáns gaiteiros, Susana naceu cunha gaita debaixo do brazo e levou o seu bo facer por todo o mundo. Escocia, Alemaña, Francia, Italia ou Estados Unidos, onde foi recoñecida nos Indie Awards, escoitaron a nosa fermosa gaiteira con avidez.
Quempallou
Quempallou naceu contra 1999 en Pontevedra e foi medrando co tempo, coa unión doutros músicos que foron matizando o resultado final da banda ata que foi escollida como finalista do II Concurso de Grupos de Folc Noveis Radio Obradoiro, no 2001, e puido gravar o seu primeiro traballo.
Dende aquela, Quempallou leva percorridos numerosos escenarios do mundo do folk fóra e dentro dos lindes de Galicia, convertendo os concertos en festas e facéndonos gozar nos festivais máis senlleiros da nosa terra.


Comentarios
Enviar un novo comentario