VL & R + Malvela
VL & R
Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero e Pedro Lamas, tres músicos ben coñecidos da escena galega, únense desta volta no proxecto VL & R. No conxunto conflúen tres traxectorias que pasaron por diferentes estilos, coma o jazz, o folk ou a fusión, conseguindo unha nova combinación chea de talento musical, mais tamén de retranca.
O primeiro traballo da agrupación viu a luz no 2008 baixo o nome de “Vellas artes” e con el quedou demostrado o bo facer destes tres músicos, ademais do humor que, como eles din, boa falta fai en tempos de crise.
Malvela
Malvela son Fita, Clara, Silvina, Carme, Carmiña, Clara, Dina, Aurita, Merchi, Lina, Maruxa, Juaniña, Adela e Carmen. Catorce mulleres que rescatan a música das súas lembranzas e que forman a agrupación que deveu dun cursiño de canto popular dirixido por Uxía Senlle.
Os froitos do coidado e a paixón destas mulleres foron os traballos “Que o pano non me namora”, “O Aguinaldo” e “Da miña xanela á túa”, cos que demostran que a idade non é impedimento para se divertir ao mesmo tempo que recuperan o patrimonio musical da bisbarra de Mos.


Comentarios
Enviar un novo comentario